miércoles, 26 de marzo de 2008

Mercedes Peón!!!!
concerto o próximo luns no auditorio de Santigo.

Mercedes Peón é un xeniio da música moderna folk galega. Ten un estulo moi particular, e é capaz de mesturar a música tradicional coas novas tendencias, o experimental e electrónico. É unha muller con moita personalidade e con moita forza no escenario. Fai tamén unha mestura cos ritmos árabes e recolle tradición portuguesa.

Foi mestra de música, canta, compón, tca a gaita, a pandeireta, o clarinete, etc. Durante moitos anos percorreu Galiza escoitando polos pobos as cancións populares que teñen unha gran tradición.

"Difícil de comparar con ninguén. Define a súa música como sincera, en feminino e moi libre. Lonxe de complexos, non dubida en mesturar folk e electrónica, en combinar letras tradicionais e modernas e en recurrir a instrumentos "alternativos". O seu é a innovación permanente.
(...)
Mercedes Peón- cantautora, arreglista, produtora, etnógrafa- é, hoxe por hoxe, a artista galega con maior proxección internacional.
(...)"


Empeza a súa carreira discográfica grabando con Xosé Manuel Budiño, empeza a súa carreira en solitario con "Isué", contando coa colaboración de Budiño e Anxo Pintos.

(...)
Baila Migueliño ¡oe!
baila Migueliño ¡oe!
deixa-te de parrafadas
deixa-te de tanto amore
deixa-te de parrafadas
deixa-te de tanto amore
ielele, ielele,...
(...)

Sigue co segundo álbum, "Ajrú"

"Mercedes Peón preséntanos o seu novo traballo discográfico, Ajrú, título que da sentido ó berro de ledicia e de festa que as xentes de galicia expresan nos seus momentos de maior intensidade.

Ajrú é un espectáculo pleno de dinamismo, de ritmos frenéticos mesturados con melodías verdadeiramente intimistas, de cantidade de instrumentos que fusionan os seus timbres mantendo por mastro o máis tradicional que vaga nos sons máis vangardistas. E todo isto levado por unha voz que representa a verdadeira forza do noso son; a de Mercedes Peón"

O seu último traballo "Sihá" no que demostra novamente a súa personalidade e a súa forza.

1 comentario:

Euterpe dijo...

Gustouvos o concerto???